martes, 13 de octubre de 2009

UNHA VEZ LIDAS AS CARACTERÍSTICAS DE CADA UN DELES, SERÁS CAPAZ DE ESTABLECER AS CORRESPONDENCIAS COS SEUS IRMÁNS ROMANOS?
Da un paseo polo Olimpo dos deuses

jueves, 1 de octubre de 2009

Introducción

Entrar no coñecemento da Grecia Antiga supón un mundo de exploración case infinito.
Moito se ten publicado sobre a cultura grega e podemos beber de moitísimas fontes para comezar a ter unha idea do que supuxo e supón para os actuais cidadáns do século XXI.
Correspóndeche a ti este curso descubrir a maxia e o misterio que envolveu ese pasado e ir presentando no teu blog a través dun traballo de investigación os aspectos que conforman ese universo helénico.
Para iso terás que ir escribindo sobre distintos aspectos como a cronoloxía da civilización, a lingua, a relixión, os monumentos que nos deixaron, así como outros temas importantes e curiosos relacionados con Grecia de maneira que ao rematar o traballo teñas unha idea o suficientemente clara como para situarte nesa apaixoante civilización.